Axenda

  • Xov
    21
    Mar
    2024
    12:00Paraninfo EEI - Sede Cidade

    O xoves 21 de marzo, a partir das 12:00 horas, celebrarase o acto académico do patrón da Escola de Enxeñería Industrial.
     
     

     
    Para asistir é necesario rexistrarse antes das 14:00 horas do 18 de marzo a través do QR ou na ligazón:
    https://forms.gle/ndWg56buNQ6Q3du59
     

     
    O programa do acto podes consultalo na seguinte ligazón: Programa acto académico patrón EEI.

     

     

  • Mar
    19
    Mar
    2024
    13:00

    O martes 19 de marzo, a partir das 13:00 horas, terá lugar na EEI o lanzamento dun programa de talento posto en marcha polo Clúster de Automoción de Galicia.
     
     

    O obxectivo deste programa é achegar o talento das universidades ás empresas de automoción e mobilidade de Galicia.
     

    Se es estudante do último ano de grao ou mestrado, non deixes escapar esta oportunidade e amosa o teu talento! Terás grandes vantaxes e a posibilidade de gañar importantes premios.

     

    Achégate o próximo 19 de marzo á presentación que terá lugar no salón de actos da EEI-Sede campus e que tamén poderás seguir dende o Paraninfo da EEI-Sede Cidade, e coñece todos os detalles.

     

    Non perdas este programa e participa!

  • Mar
    05
    Mar
    2024

    Do 5 ao 7 de marzo terá lugar unha nova edición deste Foro.
     
     
     

     
    Trátase dun evento para achegar o mundo laboral ao alumnado das diferentes escolas de enxeñaría da Universidade, aprendendo como se traballa en equipo nunha empresa.
     
    Haberá diversos obradoiros e conferencias, impartidos polas empresas que participarán nesta próxima edición do foro.
     

    Non deixes pasar esta oportunidade de asistir ao XXIV Foro Tecnolóxico de Emprego para complementar a túa formación e amosarlle ás empresas o teu talento.
     

    Máis información en https://www.forotecnoloxico.net/, nas súas redes sociais e no programa do evento.
     

  • Ven
    23
    Feb
    2024
    16:00

    Venres 23 de febreiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

     

     

    O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción.

     

    Será impartida por D. Juan Antonio Muñoz Codina, Director Industrial Stellantis Península Ibérica, que nos falará do proceso de transformación do automóbil. Juan Antonio Muñoz formouse como enxeñeiro na nosa Escola e ocupou ao longo de toda a súa carreira en Stellantis importantes postos directivos.

     

    Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.

  • Xov
    08
    Feb
    2024
    09:30

    O 8 de febreiro recibiremos a un grupo de máis de 50 alumnas do IES Alexandre Bóveda nunha nova xornada de Elas Fan CienTec.

     

     

    Elas Fan CienTec é un programa de seminarios para alumnas de secundaria enmarcado dentro das actividades do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de dar a coñecer a ciencia que se está levando a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no campo da I+D.

     

    O programa previsto para esta xornada é o seguinte:

     

    9:30-10:00 horas: Benvida e distribución obradoiros. Aula de Grao

    10:00 - 11:00 horas: Primeiro obradoiro. Termografía infravermella - Aula B / Deseño e prototipado - Aula G

    11:00 - 11:30 horas: DESCANSO (intercambio do grupos)

    11:30 - 12.30 horas: Segundo obradoiro. Deseño e prototipado - Aula G / Termografía infravermella - Aula B

    12.30 - 13.30 horas: Terceiro obradoiro (conxunto). Open Lab en el Hall: Experiencias profesionais na aplicación de novas tecnoloxías. Realidade Aumentada, Tecnoloxía Láser, Automatización e Robótica.

    13:30 horas: finalización.

     

    Podes consultar máis información en Xornada Elas Fan CienTec

  • Xov
    01
    Feb
    2024
    11:00

    1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.

     

     
    A Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, en colaboración coa Unión de Asociacións de Enxeñeiros Técnicos Industriais e Graduados en Enxeñería da rama industrial de España, presentan unha iniciativa que ten como obxectivo visibilizar a figura da muller enxeñeira e fomentar as disciplinas STEM entre as nenas a través dunha exposición itinerante.
     

    A presentación terá lugar o día 1 de febreiro ás 11:00 horas no Salón de Actos da EEI-Sede Campus.
     

    A exposición farase durante todo o mes de febreiro na Escola de Enxeñería Industrial (do 1 ao 14 na Sede Campus e do 15 ao 29 na Sede Cidade).
     
    Destacar a importancia deste tipo de iniciativas para fomentar un talento que non entenda de xénero e eliminar así a brecha existente entre homes e mulleres no acceso a carreiras técnicas.

  • Ven
    12
    Xan
    2024
    16:00

    Venres 12 de xaneiro, ás 16:00 horas, na Aula de Grao da Escola de Enxeñería Industrial - Sede Campus.

     

     

    O Mestrado en Enxeñería da Automoción organiza unha nova charla dentro do ciclo de charlas en enxeñería da automoción que ven celebrando dende 2019.

     

    Será impartida por D. Carlos Castaño, Vicepresidente de Enxeñería Global en BorgWarner, que nos falará de como adaptarse e liderar o sector da automoción nun momento de grandes cambios.

     

    Para poder asistir é necesario facer o rexistro no seguinte formulario.