Instrucciones para seleccionar Grupo

Alumnado de Primeiro curso que se matricula por primeira vez

No curso académico 2020/2021 o alumnado de primeiro curso dos 7 graos impartidos na Escola de Enxeñería Industrial (EEI) compartirá as materias do 1º curso. Cada estudante matricularase no Grao seleccionado (sempre que existan prazas vacantes) pero, como o 1º curso é común a todos os Graos, a totalidade do alumnado compartirá os 16 grupos de primeiro curso.

O estudante deberá completar a súa matriculación no Grao elixido a través da aplicación de matrícula da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de grupo.

Deberá ordear de maior a menor preferencia a sede (campus ou cidade) e  a quenda (mañá ou tarde nas dúas sedes) do grupo de aula do primeiro curso. Esta prelación é meramente informativa e non vinculante para o centro. Aínda que pola nosa parte nada nos satisfaría máis que asignar os grupos elixidos, hai que ter en conta que, por necesidades de organización docente, pode non ser posible; pero, en calquera caso, é importante que a información que manexe o alumnado lle permita a mellor das eleccións. A adxudicación de estudantes a cada grupo farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.

Así mesmo, todo o novo alumnado do 1º curso poderá seleccionar se o desexa docencia bilingüe ou non. A adxudicación do grupo A07_I no campus (docencia bilingüe) farase tendo en conta a nota de acceso á universidade e as necesidades de organización académica da EEI.

Debido ás datas previstas para a realización da matrícula para o vindeiro curso, a asignación dos grupos dos primeiros chamamentos publicarase nas primeiras semanas do mes de setembro. A publicación dos grupos anunciarase na web da Escola, polo que recoméndase estar atentos á mesma a partir do mes de setembro. Por outra banda, nas xornadas de acollida, previstas para a semana do 14 de setembro, incluirase información desta cuestión de cara ao inicio do curso. 

 

Dibujito verdeGrupos de 1º curso

 

Alumnado de Continuación de Estudos

Antes de realizar a súa matrícula, os alumnos deben comprobar ben os horarios. A Escola non pode garantir a compatibilidade de horarios entre materias de cursos diferentes. Non se concederán cambios de grupo debido a esta causa.

O alumno completará a súa matriculación na páxina web da Universidade de Vigo e deberá premer no botón de elección de Grupo. En función do Grao no que está matriculado poderá expresar a súa preferencia de Sede e/ou Turno na pantalla que se lle abrirá a continuación. Esta preferencia é meramente informativa e non vinculante para o centro.

A adxudicación de alumnos a cada grupo farase tendo en conta o expediente académico e as necesidades de organización académica da EEI.

Así mesmo os alumnos poderán seleccionar se desexan docencia en inglés segundo a oferta dispoñible para o grao correspondente. A adxudicación de alumnos farase tendo en conta o expediente do alumno e as necesidades de organización académica da EEI.

A composición dos Grupos farase pública os primeiros días de setembro.

Dibujito verdeGrupos de resto de cursos

Dibujito verdeListado de materias optativas xerais 4º curso

 

Documentos e enlaces

Formulario solicitude cambio de grupo