Deseño HMI de vangarda

proface

O vindeiro martes terá lugar na EEI Sede Campus o evento BLUE - Deseño HMI (Human Machine Interface) de vangarda organizado por Proface de Schneider Electric que vai lanzar ao mercado un novo software (BLUE) co que se poderán realizar programacións HMI axustándose ao concepto de deseño chamado situaciónal awareness.

Apúntate a este evento gratuito e descobre as ventaxas de aplicar os conceptos de deseño dixital no mundo industrial e como Proface de Schneider Electric conseguiu mellorar a capacidade de máquinas e procesos mediante o deseño dixital do HMI.