Bolsas Fulbright

bolsas fulbright 27122017

A Comisión de Intercambio Cultura, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América convoca bolsas Fulbright destinadas a estudantes de Grao de 2º e 3º curso, españois ou residentes en España, para que asistan a un dos tres institutos de verán organizados por universidades estadounidenses no verán de 2018.

Os tres institutos son:

  • Civic Engagement
  • Environmental Issues
  • Social Entrepreneruship

A bolsa cubre todos os gastos asociados á participación no instituto, incluíndo viaxe e transporte, coste do curso, aloxamento en residencias universitarias, manutención e outra asignación para libros, actividades culturais e gastos imprevistos durante a duración do curso. Inclúese tamén unha póliza de seguro de accidentes e de enfermidade. 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 27 de decembro de 2017.